Novos libros na Lista de Honra da IBBY

Publicado por GÁLIX | 25.2.22 Deixa un comentario

 A Lista de Honra de IBBY é unha selección bianual dos libros de recente publicación, propostos polo seu interese e calidade polas Seccións de IBBY nas modalidades de escrita, ilustración e tradución. 

No caso da OEPLI, ao ter catro linguas oficiais, preséntanse unha obra orixinal e outra traducida por idioma.

En galego, dos presentados por GÁLIX, están seleccionados:

 

En éuscaro, presentados por Galtzagorri, o escritor Iñigo Astiz coa obra Joemak eta polasak, e o tradutor Juan Kruz Igerabide pola obra Etxean Barrena,

En catalán, seleccionados por ClijCat, Espècies extraordinàries de Salvador Comelles e Ametlla traducido por Anna Puente Llucià.

En castelán se inclúen dous libros presentados polo Consejo General del Libro Infantil y Juvenil: Mi lazarilla, mi capitán de Gonzalo Moure e Un enigma azul zafiro traducido por Marinela Terzi.

A inclusión dun libro nesta listaxe ten como consecuencia unha maior divulgación e coñecemento destes títulos e o aumento considerable do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para a infancia e a xuventude. 


 

Todas as obras seleccionadas son presentadas e expostas nos Congreso de IBBY. Ao remate, os libros viaxan polo mundo en exposicións e feiras do libro e preséntanse nas coleccións permanentes da Lista de Honra que están na International Youth Library de Munich, o Swiss Institute for Child and Youth Media de Zúric e na Bibiana Research Collection en Bratislava, en JBBY Tokyo e en Northwestern University en Evanston, Illinois.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]