Fina Casalderrey é candidata aos dous premios máis importantes no eido da LIX.

Publicado por GÁLIX | 25.10.23 Deixa un comentario

En febreiro de 2023, á proposta de GÁLIX, e logo de valorar as recibidas das catro seccións que a conforman, a OEPLI presenta a candidatura de Fina Casalderrey ao Premio Internacional Hans Christian Andersen considerado o Nobel da literatura infantoxuvenil. Un galardón de convocatoria bianual que recoñece a «contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil» no eido da escrita ou da ilustración.


A autora recibiu tamén a nova da súa candidatura aos   Premios Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgados anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas. Nestes premios recoñécese o labor dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil. Este ano concorren 245 candidaturas de 68 estados, a maioría pertencen ao campo da escrita ou da ilustración, pero preséntanse tamén asociacións ou organizacións.

A escritora galega Fina Casalderrey, que formou parte da directiva de Gálix, é a primeira autora en estar nomeada simultaneamente aos dous premios máis prestixiosos da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) a nivel internacional.


 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]