Entregáronse este sábado os Premios Xerais nunha gala no Parador de Baiona na que se celebraba tamén 40 edición dos Premios Xerais, que contou coa asistencia de GÁLIX, representada polo seu presidente David Cortizo e polo tesoureiro Miguel A. Alonso Diz.
De entre os 23 orixinais presentados, o xurado acordou outorgar galardón do Premio Merlín de Literatura Infantil ao libro A botella de lentellas da autoría de Leticia Barbadillo, unha novela orixinal narrada cun estilo preciso e cun notable dominio léxico.
O xurado da XV edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, declarou gañadora a obra Furia de María Reimóndez da que destacou a forza do argumento, o manexo da lingua e o carisma dos personaxes.
O Premio Xerais de Novela recaeu na obra Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo.
0 comentarios:
[Comentario blog]