Co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral e procurar un fondo de textos teatrais que poidan ser representados e lidos polo lectorado xuvenil, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, veñen de convocar o VII Premio Vidal Bolaño 2024, que pretende ademais honrar a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
- Para textos teatrais inéditos escritos en idioma galego.
Dirixidas a lectorado xuvenil de 12 anos en diante.
O galardón terá unha dotación de 2.000 €.
A obra gañadora será publicada pola editorial Galaxia.
O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2024.
0 comentarios:
[Comentario blog]