As pedras verdes de Rafael Fernández Lorenzo, resultou gañadora do XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.
A obra é unha novela xuvenil que trata o tema da conquista de América de xeito sincero e directo, respectuoso coas culturas indíxenas. Segundo a consideración do xurado: "unha novela que conta a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual cun relato no que a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais" Pódese considerar que esta é unha aproximación literaria a un tema polémico.
De consolidada traxectoria no eido da literatura infanto-xuvenil, o autor colabora tamén en diversas publicacións como crítico literario e participa con asiduidade nas recomendacións literarias de GÁLIX.
Novas informativas na rede:
- La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/10/12/span-langglrafael-fernandez-lorenzo-gana-raina-lupa-as-pedras-verdesspan/0003_202310G12P37994.htm
- La Opinión: https://galego.laopinioncoruna.es/cultura/2023/10/11/escritor-rafael-fernandez-lorenzo-gana-93225829.html
0 comentarios:
[Comentario blog]