Dous libros galegos aparecen este ano no catálogo coñecido como os White Ravens, porque as obras que o compoñen se consideran tan extraordinarios coma un corvo branco:
- A nota, de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán, en Kalandraka
- A
lebre mecánica,
de Ledicia
Costas
en Xerais,
Premio Lazarillo 2022.
Cada ano 20 especialistas en literatura infantil e xuvenil selecciona, entre as doazóns que recibiu a biblioteca durante o ano, as obras coas que a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Xuvenil Internacional) elabora un catálogo con 200 títulos, publicados no ano anterior, procedentes de 57 países e escritos en 39 linguas diferentes.
Esta é, xunto coa Listaxe de Honra do IBBY, unha das distincións máis importantes da literatura infantil e xuvenil.
ACCESO AO CATÁLOGO |
0 comentarios:
[Comentario blog]