Catálogo OEPLI 2022

Publicado por GÁLIX | 8.6.23 Deixa un comentario

 A OEPLI e as súas seccións Gálix, ClijCat, Galtzagorri e Consejo, que corresponden aos ámbitos lingüísticos dos idiomas oficiais do estado, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2022. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís publicados ao longo do ano pasado. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.


A selección dos 200 títulos foi realizada por persoas representativas dos sectores do mundo do libro: escrita, ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, etc. das diferentes seccións que conforman a OEPLI.

Dada a calidade acadada pola literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado, este catálogo, que ten como finalidade estimular a difusión en ámbitos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución, publícase tamén en inglés.

DESCARGA

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]