CONVOCATORIA DOS PREMIOS LAZARILLO 2023

Publicado por GÁLIX | 7.6.23 Deixa un comentario

Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2023.

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

 

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado




  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2023.


Creación Literaria, modalidade xuvenil


  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2023.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]