A Xanela de GÁLIX. Luz Corral

Publicado por GÁLIX | 15.6.23 Deixa un comentario

 

Natural de Teixeiro (Curtis - A Coruña) en 1959. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Maxisterio pola Escola de Formación do Profesorado de Ensino Primario de A Coruña.

Natural de Teixeiro (Curtis - A Coruña) en 1959. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Maxisterio pola Escola de Formación do Profesorado de Ensino Primario de A Coruña.

Bibliotecaria municipal do Concello de Oleiros, desde o ano 1987. Dirixe, xestiona e coordina o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais deste Concello, formado por unha biblioteca central e seis bibliotecas auxiliares, así como as súas actividades de fomento da lectura, cun persoal de 14 traballadores/as.

As Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros recibiron algúns premios e galardóns pola promoción da lectura:


*“Premio Fomento de la Lectura a bibliotecas abiertas al público LIBER 2017”, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

* Premio Nacional María Moliner 2011 de animación á lectura, na modalidade de concello de entre 20.001 a 50.000 habitantes, concedido polo Ministerio de Cultura.

* “Buenas prácticas” no VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas 2014, celebrado en Badajoz, polas actividades de Ler para Saber.

* Premio Irmandade do Libro, no ano 2012, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa XXI edición, celebrado en Lalín.

* Premio Irmandade do Libro, no ano 2009, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido por la Federación de Libreiros de Galicia na súa XVIII edición, celebrado en O Carballiño.

Presentou en diversos congresos, xornadas e cursos de perfeccionamento comunicacións sobre as bibliotecas e a promoción da lectura no Concello de Oleiros e ten publicados varios artigos sobre este tema.

Formou parte da directiva de GÁLIX, desde o ano 1999 ao 2005.

Representou a ANABAD–Galicia na Comisión do Libro e a Lectura, convocada pola Consellería de Cultura para a realización da Lei do Libro e a Lectura de Galicia e o Plan de lectura (Lei 17/2006, de 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia).

Foi membro do comité científico do III Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, organizado polo Ministerio de Cultura, coa colaboración das Comunidades Autónomas e a FEMP, celebrado en Murcia os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro do ano 2006, en representación de Galicia, nomeada pola Consellería de Cultura e Deporte.

Foi membro do Consello Asesor do Libro da Xunta de Galicia, nomeada o 31/01/2008.

Formou parte do xurado dos Premios da Edición do ano 2011. 

 

ACCESO


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]