Convocatoria do premio PINTO E MARAGOTA

Publicado por GÁLIX | 6.6.23 Deixa un comentario

Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota convocado pola Concellería de Igualdade  do Concello de Pontevedra en colaboración con Edicións Xerais de Galicia co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

  •  A obra presentada deberá ser orixinal e inédita, escrita en lingua galega conforme á normativa oficial.
  • No seu argumento, como temática principal ou transversal, debe estar presente a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.
  • Poden presentarse obras para público:
  • Infantil
  • Xuvenil
  • Adulto
 
 
  • O xénero literario das obras presentadas poderá ser:
    • Novela 
    • Teatro
    • Poesía
  •  Establécese un único premio de tres mil euros.
  • O prazo de presentación pecharase o xoves 29 de xuño do 2023.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]