Acto de recoñecemento de Mª Ánxeles Roca como Socia de Honra de GÁLIX

Publicado por GÁLIX | 1.6.23 Deixa un comentario

 O pasado martes, día 30 de maio celebramos na librería Lume da Coruña, que nos cedeu amablemente o local para o acto, o nomeamento como Socia de Honra de GÁLIX de Mª Ánxeles Roca, primeira bibliotecaria en acadar este recoñecemento.

Os espazo quedou pequeno para acoller a tantas amigas e amigos, tantas persoas que quixeron compartir este momento con Ánxeles.


 

Tras unha breve benvida por parte do presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo, o númeroso público que participou no acto puido gozar da marabillosa laudatio da escritora e dramaturga Paula Carballeira que nos emocionou e nos fixo rir.

A homenaxeada agradeceu as palabras de Paula e o recoñecemento de GÁLIX; lembrou os seus anos de traballo como directora das bibliotecas públicas de Cambre, o apoio recibido das compañeiras e compañeiros das bibliotecas e do concello, os premios recibidos, as autoras e autores que compartiron actividades e lecturas e a todas as persoas, usuarias e usuarios das bibliotecas, que acompañaron o seu labor profesional, a súa angueira cultural e o seu amor polos libros.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]