O xoves 2 de marzo, Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura, e Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX presentaron o catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2023 que, como cada ano, elaboramos recollendo os títulos de literatura infantil e xuvenil publicados polas editoriais galegas ao longo do ano anterior.
DESCARGAR |
A Consellería de Cultura e GÁLIX coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer tanto en Galicia coma no exterior as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.
A obra vaise distribuír nas principais feiras e certames internacionais do libro nas que Galicia terá presenza. Está xa na Feira Internacional do Libro de Boloña que se está a celebrar na semana, onde Galicia conta cun expositor propio para dar a coñecer a produción LIX do noso país.
O documento que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX no campo da creación, a mediación e tamén da produción e difusión.
O novo catálogo,coa ilustración de cuberta de Víctor Rivas, foi coordinado por Mercedes Pacheco e traducido por Mercedes Pachecho e Roi Pérez
Podes descargar o documento nos espazos web de GÁLIX:
- No blog.
- No padlet, CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS EN REDE
- Na páxina de recursos, sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina.
0 comentarios:
[Comentario blog]