Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade é o título da xornada organizada dende a Biblioteca de Galicia para coñecer un pouco máis o pasado e o presente da literatura infantil e xuvenil en galego.
A actividade celebrarase o venres 24 de marzo no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, en horario de 09:00 a 18:30 horas.
O Director Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurará esta Xornada e logo terá lugar a primeira conferencia do día a cargo de Fina Casalderrey e presentada pola profesora da USC e Comisaria da exposición Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego, Montserrat Pena Presas.
Ao longo da mañá realizaranse tres mesas redondas:
A narrativa: un xénero consolidado; moderada por Pilar Sampedro (GÁLIX) con Paz Fernández Pereiro, Ana Luna Alonso e Andrea Maceiras.
A poesía: unha aposta pola innovación, moderada por Patricia Babío (Biblioteca de Galicia) con Juan Senís, Anxos Rial e Antonio García Teijeiro.
A literatura dramática na procura de espazos propios, moderada por Noelia Bascuas (Biblioteca de Galicia) con Mª José Caamaño, Roberto Pascual e Paula Carballeira.
Ao longo da tarde realizaranse dúas mesas:
O álbum ilustrado, un formato para todos os públicos, moderada por Sabela Pérez Fórneas (B.P. de Lugo) con Xosé Perez e Paz Castro, Eva Mejuto e Federico Fernández Alonso.
A banda deseñada: retos para o futuro, moderada por Rosario Crespo (Biblioteca de Galicia) con Xulio Carballo, Fausto Isorna e Inés Vázquez.
Rosa Tabernero, da Universidade de Zaragoza pronunciará a conferencia de clausura presentada por Cristina Ruibal, Sudirectora Xeral de Bibliotecas e do Libro.
Inscrición:
0 comentarios:
[Comentario blog]