A Xanela de GÁLIX. María Canosa.

Publicado por GÁLIX | 15.3.23 Deixa un comentario

María Canosa Blanco

Enxeñeira, escritora, comunicadora e socia nº 151 de GÁLIX.

 

É Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, pero ademais da ciencia, está unida ás letras, nas que destacou desde ben pequena. Recibiu diversos premios literarios desde o ano 1986, e publicou a súa primeira novela en plena adolescencia, Bramido Maino (1.997), á que lle seguiron máis de corenta títulos.

Das últimas publicacións destacan: Lobo Ramón (Oqueleo), As pombas de Bastián (Xerais), H2... Oh!!! (Galaxia), María Casares. A impaciencia por vivir (Bululú) ou Saínza. A punkiereteira (A costureira).

    De entre os premios recibidos destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil (2.017), o Premio Ciencia en Acción polo traballo desenvolvido no programa de televisión “Coma un allo”, do que é presentadora e guionista (2.021), o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia (2.022), o Premio Follas Novas á Mellor obra de Divulgación (2.022), o Premio “Rosalía de Castro” de Lingua (2.022) e o recente Premio de Literatura Infantil “Carlos Mosteiro” (2.022).

Ademais, colabora en distintas actividades culturais, e varios medios de comunicación.

 

ACCESO

 

 

 

 



 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]