O Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é un premio internacional, outorgado anualmente polo goberno sueco e coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas.
https://www.flickr.com/photos/ala_members/4626397129 |
O obxectivo do premio -instituido en 2003, un ano despois da morte de Lindgren, polo Goberno de Suecia- é potenciar e aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil en todo o mundo e fomentar o dereito dos nenos á cultura no ámbito global.
A gañadora deste ano é a autora estadounidense Laurie Halse Anderson que ten publicadas diversas novelas para mozos nas que dá voz á experiencia adolescente de xeito moi expresivo e honesto. A súa novela, Speak, publicada en 1999, foi traducida a moitos idiomas e adaptada para o cine.
Nestes premios recoñécese o traballo dos diversos sectores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil.
0 comentarios:
[Comentario blog]