Convocatoria do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Publicado por GÁLIX | 11.3.23 Deixa un comentario

 

A Concellaría de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Kalandraka Editora convoca o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.


  • Para obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica.
  • Cun máximo 40 páxinas interiores.
  • A dotación do premio é de 9.000 €
  • O prazo de presentación de orixinais remata o 13 de maio de 2023.
  • A obra premiada será publicada pola Editorial Kalandraka en galego, castelán, català, euskara e portugués.

 

Acceso ás bases


O certame goza de recoñecemento e prestixio a nivel internacional e moitas das obras premiadas recibiron outros importantes recoñecementos.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]