María Montes, que ocupa a vogalía de ilustración na Directiva de GÁLIX, rescata O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey para esta sección na que tratamos de recuperar do esquecemento todos os libros que guiaron o progreso do libro infantil e xuvenil galego. Esta obra foi Premio Edebé de Literatura Infantil 1996, cando os certames de editoras de ámbito estatal premiaban obras de calquera idioma oficial.
Graduada e bioloxía, con mestrado en Biotecnoloxía, María Montes compaxina o seu labor na ilustración e o deseño profesional co seu traballo nunha clínica veterinaria en Pontevedra.
Elegante e expresiva, traballa en diferentes obras e proxectos; no campo do libro infantil e xuvenil galego é autora das ilustracións de libros como:
A brétema de María Victoria Moreno en Urco (2017)
Irmá Paxaro de Tamara Andrés en Cuarto de inverno (2020)
A casa da Moira de Sergio Sánchez Benítez en Bululú (2021)
Unha nova dimensión de Anxo Iglesias en Xerais (2022)
E que vai ser? de Adelaida Vidal en Baía (2023)
Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije en Xerais (2024)
Do seu compromiso coa igualdade e a cultura galega parten tamén numerosas colaboracións con entidades e asociacións para eventos e celebracións.
0 comentarios:
[Comentario blog]