Este venres, 1 de marzo inaugurouse a XXV edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano ten como lema: A Maxia.
Como en anteriores edicións, GÁLIX-IBBY Galicia elaborou unha bibliografía específica que recolle máis de 100 libros que nos remiten ao mundo dos contos marabillosos e tamén obras que falan da maxia e do ilusionismo.
Na programación recóllense as diversas actividades do Salón: mesas, exposicións, conferencias, obradoiros...
O país convidado este ano será Catalunya, lugar de acollida da emigración galega, que levou canda ela a súa lingua e a súa cultura e que hoxe parla catalá na voz da súa descendencia. ClijCat - IbbyCat colaborou nesta edición elaborando unha selección de 50 títulos cataláns para lectorado de 0 a 14 anos.
0 comentarios:
[Comentario blog]