Día Internacional da Muller Traballadora 2024

Publicado por GÁLIX | 8.3.24 Deixa un comentario

 

Des que, en 1975, a Organización de Nacións Unidas declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemoramos cada ano esta data, para reivindicar a igualdade e os dereitos das mulleres e promover o establecemento dunha sociedade máis xusta. Este ano 2024 a campaña da ONU ten como lema: Investir nas mulleres, acelerar o progreso

A lectura é unha ferramenta fundamental para promover a igualdade e o respecto; pero existen poucos referentes femininos na literatura tradicional e cómpre fornecer á infancia de modelos de mulleres actuais, persoas autónomas e profesionais competentes, e dar a coñecer, tamén a docentes e familias, obras infantoxuvenís que presenten modelos de relación igualitarios e acheguen unha ollada de xénero desde a literatura. Para responder a esta necesidade de libros que permitan á rapazada mirarse, recoñecerse e atopar un estímulo para avanzar na consecución dos obxectivos da igualdade, GÁLIX elaborou a guía "Donas, no espello da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)" accesible e descargable no noso espazo web.

Para celebrar este 8m de 2021, GÁLIX publicou - con licenza creative commons - o vídeo, Muller X Muller no que se recollen unha ducia de textos, publicados ao longo de 2020, escritos e ilustrados por mulleres e nos que o xénero é un factor determinante.


Neste 8 de marzo de 2024 centros de ensino, asociacións, institucións, bibliotecas e librerías teñen programadas actividades dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil:

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]