O Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Kalandraka Editora convoca o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, un dos concursos internacionais con maior prestixio e dotación económica que conta tamén cun alto nivel de participación; nas dezaseis edicións anteriores contabilizáronse máis de 4.626 traballos procedentes de diversos países.
Características do certame: 
- Para obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. 
- Cun máximo 40 páxinas interiores. 
- A dotación do premio é de 9.000 € 
- O prazo de presentación de orixinais remata o 16 de maio de 2024. 
- A obra premiada será publicada pola Editorial Kalandraka en galego, castelán, català, euskara e portugués. 
 
 









 
 



 
  

 
 
 
 
0 comentarios:
[Comentario blog]