Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX veñen de convocar a segunda edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.
Por outra banda, GÁLIX, que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.
O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.
A obra premiada será publicada por Edicións Embora.
Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:
- Obras
orixinais en galego.
- Cunha extensión mínima de 350 versos.
- Nun só poema ou un grupo deles.
- Dirixido a lectorado infantil.
- O galardón terá unha dotación de 1.000. O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de novembro de 2022, Día de Neira Vilas e Día do Lector e a Lectora.
0 comentarios:
[Comentario blog]