ROCÍO LEIRA E ANXO IGLESIAS, PREMIOS XERAIS LIXG 2022.

Publicado por GÁLIX | 16.7.22 Deixa un comentario

 


 

Xa sabemos as obras gañadoras dos Premios Xerais 2022.


 

Foto: Espazo de Lectura

De entre os 24 orixinais presentados á XXXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil o xurado acordou outorgar o galardón ao libro de poemasUnha nova dimensión da autoría Anxo Iglesias na que o xurado destaca a libertade creativa dunha poesía entendida como xogo.

 

Foto: https://www.quepasanacosta.gal/
A ceense Rocío Leira é a gañadora, por unanimidade, do XIV
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra “Cicuta para dous ”. De entre as 23 obras presentadas, o xurado (formado por Asunción Carballo, Gabri Fuentes, Araceli Collado, Adrián Gómez Ramos, Manuel Moledo e Ramón Domínguez Veiga -como secretario-) valorou a forza do argumento, a orixinalidade, o manexo da lingua e, sobre todo, o carisma dos personaxes nesta novela chea de intriga e humor.

 

O Premio Xerais de novela recaeu na xornalista e escritora María Solar pola obra A culpa, unha novela de intriga cun final perturbador.
 
 
 
 
 
Novas
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]