A Xanela de GÁLIX. Xosé Cobas

Publicado por GÁLIX | 15.7.22 Deixa un comentario

 Xosé Cobas, socio nº 87 de GÁLIX, naceu en Logrosa (Negreira).

Interesouse dende novo pola expresión plástica e aos 24 anos tivo unha primeira exposición na cidade de A Coruña.


 

Aínda que traballou, en arredor dunha centea de libros, con diversas editoriais e con grandes autoras e autores, compre salientar a súa colaboración intensa e extensa con Xabier P. Docampo con quen publicou non menos de 15 obras e con que tamén participou na revista de banda deseñada Golfiño. Como el, Xosé Cobas é unha persoa comprometida coa lingua e a cultura galegas.

Revistas especializadas de prestixio como ‘CLIJ’, ‘Peonza’ ou

‘Fadamorgana’ dedicáronlle artigos monográficos.

Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.

Recibiu numeroso premios e recoñecementos como o premio F.E.T.E.N. 2002 ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España, o premio Lecturas 2003 e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2004 ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica. No ano 2021 o ilustrador foi homenaxeado polo Salón Internacional do Libro Infantil de Pontevedra.

Participou en exposicións nacionais e internacionais, entre outras:

  • Galicia Solidariedade, organizada por GALIX coa colaboración da Xunta de Galicia

  • As cores do vento, Xunta de Galicia.

  • Tercer Centenario de Caperucita Roja, organizada pola OEPLI

  • El ratoncito Pérez, tamén da OEPLI

  • Salón do Cómic da Coruña

  • Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (2001, 2002, 2003 e 2004),

  • Bienal Internacional de Bratislava’ (2003), invitado polo Ministerio de Cultura español

  • Exposición de ilustración infantil española contemporánea, en Bolzano’, Roma, Nápoles e Cagliari (Anos 2004/05).

ALGUNHAS OBRAS PUBLICADAS

  • A nena de auga e o príncipe de lume. Xabier P. Docampo. Xerais, 1989 e 1992. Col. Merlín.
  • O país durminte. Xabier P. Docampo. Xerais, 1992.
  • Fantasía en re maior. Antonio Teijeiro. Edelvives, 1994.
  • Adelaida, Henrique e demais familia. Xabier Docampo. Galaxia, 1996.
  • O pazo baleiro. Xabier P. Docampo. Anaya, 1997.
  • O home que inventou unha maneira de andar. Xabier P. Docampo. Galaxia, 1998.
  • La posada del séptimo día. Juan Farias. Everest, 1998.
  • Caderno de fume. Antonio García Teijeiro. Anaya, 1999.
  • Andrea quere ser maior. Pepe Carballude. Everest, 1999.
  • Ismael que fue marinero. Juan Farias.Everest, 1999.
  • Teatro ás tres pancadas. Antonio Torrado. Xerais, 1999.
  • Nube de neve. Xabier P. Docampo. Everest, 2000.
  • Unha pantasma branca. Fina Casalderrey. Everest, 2000.
  • Un circo de nubes. Xoán Babarro. Everest, 2000.
  • Víchela, víchela?. Xabier P. Docampo. Magisterio-Casals, 2001.
  • Amar e outros verbos. Ana María Fernández. Everest, 2001
  • A merla de trapo. Antón Cortizas. Xerais, 2001
  • Un conto de tres noites. Xabier P. Docampo. Xerais, 2002.
  • Os peixes de cores. Antonio García Teijeiro. Xerais, 2002.
  • Onde van as bolboretas no inverno?. Gloria Sánchez. Everest, 2002.
  • A casa da luz. Xabier P. Docampo. Anaya, 2002.
  • Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro. Everest, 2003.
  • O galo avisado e o raposo trampulleiro. Antonio Reigosa. Xerais, 2003.
  • Bolboretas. Xabier P. Docampo. Everest, 2004.
  • O país de amarnos. Ana María Fernández. Everest, 2004.
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales. AA.VV. Xunta de Galicia, 2004.
  • Don Quijote de la Mancha, Everest, 2005.
  • A bruxiña da sorte. Concha Blanco. Alfaguara-Obradoiro, 2005.
 
Non deixes de ler as súas respostas ao...
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]