A Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración do Concello de Vila de Cruces convoca a 7ª edición do PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE NOVELA CURTA, cos obxectivos de :
- Impulsar a creación literaria en galego.
- Fomentar a lectura en lingua galega.
- Proporcionar obras de referencia de calidade ao público infantil e xuvenil.
A este premio poderán presentarse:
- Obras inéditas
- Escritas en galego
- Cunha extensión mínima de 50 páxinas e máxima de 150 páxinas
- O premio ten unha dotación de 1.000€
- O prazo de presentación remata o 1 de outubro de 2022.
Máis información na páxina da fundación:
http://neiravilas.gal/index.php/gl/premios/premio-xose-neira-vilas
0 comentarios:
[Comentario blog]