Recibimos
comunicación da organización internacional na que se nos informa de
que se publicou a semana pasada a lista dos 163 libros nomeados para
a Lista de Honra do IBBY de 2022, que poden verse na súa páxina
web.
Cada dous anos, publícase en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros publicados recentemente dos países membros do IBBY, que destacan pola calidade da escrita, da ilustración e da tradución.
Á hora de seleccionar os títulos da Lista de Honra as consideracións máis importantes son que os libros representen o mellor da literatura infantil de cada país e que se consideren, tamén, de valor universal, merecentes de seren traducidos e publicados en todo o mundo. Deste xeito, a Lista de Honra apoia o obxectivo de IBBY de fomentar o entendemento internacional a través da literatura infantil.
O noso idioma vai estar representado, nesta listaxe, por dous libros, que foron propostos por GÁLIX para formar parte deste catálogo internacional bianual:
- Unha noite no tren da Vía Láctea. En tradución de Gabriel Álvarez. Aira editorial, 2020.
Logo da presentación dos libros en setembro no 38º Congreso Mundial IBBY en Putrajaya, Malaisia, distribuiranse por todo o mundo máis de 2.000 copias do catálogo da Lista de Honra IBBY 2022.
0 comentarios:
[Comentario blog]