A LIX no Día da muller 2022

Publicado por GÁLIX | 8.3.22 Deixa un comentario

 

Dende que a Organización de Nacións Unidas declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemoramos cada ano esta data, para reivindicar a igualdade e os dereitos das mulleres e promover o establecemento dunha sociedade máis xusta. Este ano 2022 a campaña da ONU ten como lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible"

 

Pilar Sampedro, vicepresidenta de GÁLIX, dedica o seu programa Libros para as medras de Radio Ateneo aos libros infantís e xuvenís que defendan a igualdade de xénero.

Radio Ateneo

A lectura é un medio fundamental para promover a igualdade e o respecto; pero existen poucos referentes femininos na literatura tradicional e cómpre fornecer á infancia de modelos de mulleres actuais, persoas autónomas e profesionais competentes, e dar a coñecer, tamén a docentes e familias, obras infantoxuvenís que presenten modelos de relación igualitarios e acheguen unha ollada de xénero desde a literatura.


A guía elaborada por GÁLIX, DONAS, NO ESPELLO DA LIXGA, unha selección de libros de calidade quere ser unha ferramenta para familias, docentes e persoas mediadoras para avanzar na consecución dos obxectivos da igualdade.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]