Pilar Sampedro Martínez (Queiruga, Porto do Son, 1955) é mestra e licenciada en Ciencias da Educación.
Traballou en educación Primaria e Secundaria, en educación no exterior e cargos directivos, así como en formación do profesorado.
Centrou a última etapa da súa vida laboral na Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, dirixindo, con Cristina Novoa, un programa de éxito que transformou a función e o aspecto das bibliotecas dos centros escolares galegos.
Autora das exposicións: 100 anos de literatura infantil galega e Literatura infantil e xuvenil galega para a paz.
Publica en diferentes revistas como Anuario Barbantia, Fadamorgana, Eduga, Revista Galega de Educación, Raigame…
Xestiona
o blog: De libros e outros artefactos e No país das marabillas
Participa con artigos nas páxinas dixitais Café Barbantia e Galicia Digital.
Xurado de diferentes premios: Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro, Follas Novas, Arume de poesía para a infancia, Xosé Neira Vilas de novela corta…
Secretaria do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Vicepresidenta segunda de GALIX. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Educación. Padroa da Fundación Neira Vilas.
Foi presidenta de GALIX e membro do consello de redacción de Fadamorgana.
Bibliografía:
Terras de Santiago
Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (con Xosé Agrelo Hermo)
Cunqueiro (VVAA)
Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
Roteiro literario Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
Exposición Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
Edición e prólogo de Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos
Avilés de Taramancos (con Blanca Ana Roig Rechou)
Participación en:
- A nosa literatura infantil e xuvenil,
- Anuario de literatura,
- Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria 2004…
Coordinadora da Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 (con Montse Pena), Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019 e Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2021
Coautora do Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas para o CDG (con Cristina Novoa e Magdalena de Rojas)
Coautora da bibliografía para o Salón do Libro de Pontevedra Mulleres de conto, A revolución, Humor, Libros para salvar o planeta e Con moita arte.
Coordinadora da Guía de libros para a igualdade Donas no espello da LIXG
No colección Biblioteca virtual de Galicia Digital ten publicadas:
- Cartas dende o confinamento,
- Do A ao Z con Concha Blanco
- Os poemas que intercambiamos no confinamento.
Cotraductora de Marta ante o espello de Teresa Calo.
Coautora da antoloxía Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega
Coautora Antología de la narrativa infantil gallega (con Ánxela Gracián e Maite Leis)
0 comentarios:
[Comentario blog]