Nos premios IBBY Hans Christian Andersen 2022 á autoría, de texto ou ilustración en literatura infantil e xuvenil considérase a calidade estética e literaria, e a innovación de toda a súa obra; e tamén a capacidade de captar o punto de vista da infancia e a xuventude e de inspirar a súa curiosidade.
O
xurado internacional, presidido polo estadounidense Junko Yokota e
formado por Antoine Al Chartouni, Marilar Aleixandre, Evelyn Arizpe,
Mariella Bertelli, Tina Bilban, Viviane Ezratty, Jiwone Lee, Robin
Morrow, Jaana Pesonen e Cecilia Repetti valorou sesenta e dous
candidatos de 33 países que foron seleccionados para o Premio IBBY
Hans Christian Andersen 2022 e decidiu outorgar os premios desta
edición a:
A escritora francesa Marie-Aude Murail que ten unha cumprida obra na que o xurado destaca a seriedade coa que observa o mundo e o humor e optimismo solidario que abre fiestras aos grandes temas da sociedade contemporánea.
Da ilustradora coreana Suzy Lee o xurado subliña o refinado estilo co que conta as historias máis serias, presentadas coma un xogo alegre, que cobran vida a través de imaxes.
0 comentarios:
[Comentario blog]