Día Internacional do Libro Infantil 2022

Publicado por GÁLIX | 19.3.22 Deixa un comentario

Como cada ano dende 1967, o IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, o 2 de abril, para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY
recibe a encomenda de patrocinar a celebración.


Este 20
22, o país encargado é Canáda que escolleu a Richard Van Camp para escribir a mensaxe e a ilustradora Julie Flett para elaborar o cartel que inspiren en todos os nenos e nenas do mundo o amor pola lectura e os libros.

Estes materiais utilízanse en moitos lugares do mundo para promover os libros e a lectura en bibliotecas, centros escolares e outras institucións con eventos moi diversas como exposicións, concursos, encontros con profesionais da escrita e da ilustración, etc.

A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día promovendo actos e concursos ao redor do libro infantil e xuvenil.

ACCESO AO CARTEL E Á MENSAXE

nas 4 linguas.


 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]