A Xanela de GÁLIX. Helena Villar Janeiro

Publicado por GÁLIX | 15.3.21 Deixa un comentario

 Helena Villar Janeiro


Perfil biográfico

Naceu en Becerreá (Lugo) o 28 de setembro de 1940) .

Despois de rematar o bacharelato, estudou Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense, en Madrid. Exerceu primeiro como profesora de ensino primario e logo como profesora de lingua e literatura de ensino secundario, en Santiago de Compostela.

Na súa “Autobiografía” Helena reivindica a importancia do entorno familiar na súa formación así como na toma de conciencia da lingua e cultura galega.

    Na miña formación, sobre todo no aspecto literario, foron decisivas as clases que recibín traballando con meus pais na xastrería ancaresa. Ademais de me abrir ó mundo e á lingua e cultura propias do meu país, naquela especie de ateneo descubrín a narración oral e coñecín os referentes de moitos personaxes que alimentan a miña obra. (“Autobiografía” BVG Biblioteca Virtual Galega).

Foto de Carmela Queijeiro
 

O feito de estar case fóra do sistema escolar ata os trece anos, lonxe de ser unha desvantaxe, permitiulle formarse nun entorno de liberdade e de amor pola cultura e as artes, moi diferente do ensino oficial no que “a formación literaria se reducía a memorizar listas de obras e autores como nunha aprendizaxe de catálogos”. Pola contra, na casa de Helena “amábase a cultura, recitábanse os clásicos, cantábase "bel canto" e defendíase a igualdade da muller” (BVG). Tamén destaca Helena a influencia que, para “o cultivo da lírica”. exerceron nela as lecturas e as paisaxes dos Ancares na súa etapa de mestra rural, así como as amizades, sobre todo a do seu home e compañeiro Xesús Rábade Paredes, co que ten desenvolvido moitos proxectos en común e recibido varios galardóns.

Como docente, Helena foi unha das primeiras persoas en ensinar lingua galega, nos anos 70 ao amparo da Lei Xeral de Educación, impartindo clases con carácter voluntario fóra do horario para o seu alumnado de 6º e 7º de EXB en Ferrol. Tamén foi das primeiras en adiantar a impartición da área de Lingua e Literagura Galega con carácter voluntario para o seu centro en Santiago (curso experimental de 1979-1980). O compromiso de Helena coa cultura e a lingua galega vai moito máis alá do seu labor docente e da súa vasta creación literaria, xa que abrangue unha decidida implicación a prol do desenvolvemento e a divulgación desta cultura, que se manifesta na súa activa pertenza a varios organismos e asociacións.

É membro fundador do PEN club de Galicia, do que foi secretaria. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Pertenceu ao PEN Internacional Women Writers Commitee. Foi cofundadora e vicepresidenta de Gálix, asociación da que foi nomeada Socia de Honra en 2015. En 2016 recibiu a Letra E concedida pola AELG que supón o recoñecemento a unha escritora “pola obra de toda unha vida”. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Tradutora de poesía, foi coordinadora das coleccións poéticas “Eusebio Lorenzo Baleirón” e “Poetas con Rosalía”.

Como escritora cultiva varios xéneros: poesía, ensaio, narración, tradución e xornalismo. Foi unha das pioneiras da literatura infantil e xuvenil en galego. A súa obra é numerosa e, en parte, está traducida a outras linguas. Os seus libros de literatura infantil están incluídos no Catálogo White Ravens do Internationale Jugendbibliothek de Münich, (1990 e 1994) e na lista de honra do IBBY (International Board on Books for Young People en 2002 e 2004). As inquedanzas artísticas de Helena abranguen tamén o eido da fotografía e ten participado en varias exposicións.

Premios

Premio Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Xesús Rábade, Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.

Premio Galicia de Narrativa 1980 da Universidade de Santiago de Compostela pola obra en común con Xesús Rábade, Morrer en Vilaquinte. Edit. Compostela.

Premio Galicia da Universidade de Santiago de Compostela en 1981, pola obra en común con Xesús Rábade, No aló de nós. Poesía

Premio Manuel Antonio 1979, pola obra en común con Xesús Rábade, O sangue na paisaxe. Poesía. Edicións do Cerne.

Premio Breogán de narrativa 1990, por O enterro da galiña de Domitila Rois.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1991, por Nas hedras da clepsidra.

Premio Modesto R. Figueiredo de narrativa 1991 por O cadro.

Accésit do Premio Miguel González Garcés 1994, por Festa do corpo.

Premio Puro Cora de periodismo 1995, por En loor da fregona.

Premio Arume de literatura infantil 2003 da Fundación Xosé Neira Vilas, por Na praia dos lagartos.


LIX (Literatura infantil e xuvenil)

O día que choveu de noite, 1985, Galaxia.

Viaxe a Illa Redonda, 1987, Galaxia.

Vermiño, 1988, Galaxia.

A cidade de Aldara, 1989, Casals.

Ero e o capitán Creonte, 1989, S. M.

Patapau, 1989, Ir Indo.

A canción do Rei, 1992, Galaxia.

Don Merlo con chaqueta, 1993, Xerais.

Contos do paxaro azul, 1994, Sotelo Blanco.

Novos contos para nenos, 1994, Citania.

A voda do papá, 1994, Obradoiro.

A campá da lúa, 1999, Xerais.

O avó de Pipa, 2000, Bruño.

Belidadona, 2003, Edelvives.

Na praia dos lagartos, 2004, Edicións do Castro.

Raúl, 2005, Galaxia.

Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Biografía para nenas e nenos.

O souto do anano, 2007, Obradoiro-Santillana.

Un rato na casa, 2008, Galaxia.

O caderno de Edua, 2010, Xestión Literaria Galega.

As señoras cousas, 2014, Galaxia.

Contos do Sol e da Lúa, 2017, Alvarellos

Amor por catro, 2018, Galaxia

Fina a pirata, 2019, Galaxia

Poesía

Alalás, 1972, edición da autora.

Rosalía no espello, 1985, Patronato Rosalía de Castro.

Festa do corpo, 1994, Deputación da Coruña.

Álbum de fotos, 1999, Espiral Maior.

Nas hedras da clepsidra, 1999, Edicións do Castro.

Pálpebra azul, 2003, PEN Clube de Galicia.

Remontar o río, 2014, Tirar do Fío Edicións.

Poesía mínima /Minimal Poetry, 2018, Alvarellos .

Narrativa

O enterro da galiña de Domitila Rois, 1991, Galaxia.

A tarde das maletas. Colección Contos do Castromil nº 10, 1992, Ir Indo Edicións- Castromil. S.A.

Ensaio

Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino, 1993, Xunta de Galicia.

Delas, 1999, Toxosoutos.

Paseos literarios, 2001, Xunta de Galicia.

Feminino plural, 2003, Editorial Compostela.

O sabor da terra, 2005, Galaxia.

Obras con Xesús Rábade Paredes, ademais das xa mencionadas no apartado de Premios.

Símbolos de Galicia, 1979, Patronato Rosalía de Castro.

Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Patronato Rosalía de Castro. (Para nenos)

Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Edicións do Castro. Tradución.

Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.

Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.

Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004 na colección . Poesía.

Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.

Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.

Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.

Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.

Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.

Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008, Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas (escolma)

Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.

Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Narrativa.

Contos de hogano, 1992, El Correo Gallego. Narrativa.

Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Edicións do Castro. Narrativa.

Berra liberdade, Escritores galegos por Amnistía Internacional. 1996, Galaxia. Relatos.

Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.

E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.

Ninguén está só. 21 autores a prol dos dereitos humanos 2001. Amnistía Internacional, Tris Tram. Narrativa.

A poesía é o gran milagre do mundo, 2001. PEN Club de Galicia. Poesía.

Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia. Ensaio.

Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía.

Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.

Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.

23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.

Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia. Narrativa.

Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, 2004, Xunta de Galicia.

Postais do Camiño, 2004, Galaxia.

Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.

Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Poesía.

Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.

Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.

Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Colaboración fotográfica.

A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.

Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. Poesía.

Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.

Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.

150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, (libro electrónico). Poesía.

De Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Poesía.

6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Coedición con Suso Díaz.

Detente e mírame, Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero. Xunta de Galicia, 2015

Cabalga don Quijote, en Al hidalgo poeta, Edifsa, Salmanca, 2016

En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. 2018, Editora Regional de Extremadura.

Dicebamus hesterna die, Por ocho centurias, Fundación Salamanca Ciudad de la cultura y saberes, 2018

Evolucións, O libro dos libros, Galaxia, 2018

A materia do ar, O sol é secreto. Poetas celebram Eugénio de Andrade, Cámara Municipal de Fundao, 2019


ACCESO AO CUESTIONARIO



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]