Víctor Rivas é debuxante de BD e deseñador gráfico, que traballa na animación e multimedia, un dos ilustradores máis recoñecibles e recoñecidos polo seu traballo dentro e fóra de Galicia e ademais, moito, nos EEUU. O noso socio, Víctor Rivas, autor das ilustracións do Catálogo Gálix 2017, achéganos neste vídeo á súa ollada sobre a situación do libro infantoxuvenil galego.
É moi ampla á súa contribución na LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega) dende a participación da revista Golfiño, á súa delongada colaboración con editoras e autoras galegas como Xerais, onde traballou con Fina Casalderrey (reedición de Dúas bágoas por máquina), María Solar (Quokka Moka), Andrea Maceiras (Volverás, golfiño), Eva Mejuto (10 gatiñas viaxeiras) e, fundamentalmente, con Ledicia Costas, coa que cooperou en Escarlatina, a cociñeira defunta, Esmeraldina, a pequena defunta, Os arquivos secretos de Escarlatina e Vampira de biblioteca.
En Urco colaborou no libro O bestiario científico de Anxos Nogueirosa de Manuel Antonio Fraga Allegue.E tamén autor das ilustracións da publicación en galego de Os Libros de Terramar de Ursula K. Le Guin.
Súa é a ilustración do xogo de rol de ambientación castrexa, As Cronicas de Gaidil de Pablo Fernández Otero & Nacho Rodríguez Domínguez, publicado por Difusora de Letras artes e ideas.
Tamén ilustrou xogo educativo O Misterio das sete pezas.
0 comentarios:
[Comentario blog]