Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX convocan neste día o Premio Arume de Poesía para a Infancia, creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.
Por outra banda, GÁLIX, que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.
O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.
Neste Día Mundial da Poesía a Fundación Xosé Neira Vilas, GÁLIX e Deleite únense en prol da recuperación deste “Premio Arume de Poesía para a Infancia”
0 comentarios:
[Comentario blog]