Publicamos hoxe o vídeo que no que María Couceiro, libreira de Compostela con experiencia no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil galega, nos achega a súa análise sobre a situación do libro infantoxuvenil galego.
María é, co seu irmán Pablo, a segunda xeración desta familia que converteu o negocio familiar nun centro cultural arredor do libro e un referente de compromiso coa cultura e lingua do país.
Xesús Couceiro, fundador da primeira libraría Couceiro, desenvolveu un importante labor a prol da cultura e a lingua galegas. Foi o primeiro presidente da Agrupación de Libreiros de Santiago e da Federación de Libreiros de Galicia, e, por dúas veces, vicepresidente da Confederación de Libreiros de España.
Dende a perspectiva da LIX galega, a libraría ten unha zona destinada á literatura infantil ideada para que a rapazada se sinta cómoda e teña libre acceso aos libros. Moitos centros educativos e asociacións acoden ás visitas guiadas e ás actividades organizada ao redor do mundo do libros.
María que se ocupa desta zona de infantil e da sección Libro Recomendado, vídeos de orientación lectora que se publican periodicamente na canle de CorreoTelevisiónSantiago de Compostela.
0 comentarios:
[Comentario blog]