Covadonga Rodríguez Argüelles. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego. (Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia V)

Publicado por GÁLIX | 5.3.21 1 comentario

Covadonga Rodríguez Argüelles é mestra titora e responsable de biblioteca do CEP Xosé M.ª Brea Segade de Taragoña (Rianxo), un centro pequeno, de ámbito rural, que atende as parroquias de Taragoña e O Araño.

Como lectora e mediadora, Cova achéganos neste vídeo a súa análise da situación do libro infantoxuvenil galego. 

A Biblioteca Brea Segade é un espazo fundamental no centro, dinamizadora das actividades de ensino e aprendizaxe e de iniciativas culturais orientadas ao conxunto da comunidade educativa. Forma parte do Plan de mellora de Bibliotecas escolares da Xunta de Galicia (PLAMBE) desde o curso 2006/07 e foi Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares no ano 2011.

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

1 comentario:

  1. Qué alegría volver verte, Cova.
    Fuches a miña mestra de 4 EXB no Colexio Público da Picota en Mazaricos.
    Por suposto, gardo un recordo imborrable do teu paso pola miña vida estudiantil. En moitas ocasións, cando, en reunións con amigos, sae o tema de profesorado q nos marcou, sin dúbida, aparece Cova no meu pensar!
    Unha mágoa q no curso seguinte, atopeime coa mestra q me marcou tamén, pero de xeito negativo.

    Trouxeches aire fresco aquel centro, sorriso, cariño polo q facías, e estabas xa no século actual, 😉 Agora doume
    conta, xa q, son docente de FP nun centro de Ourense.

    Unha aperta forte se me lees e se te lembras, faríame moita ilusión.

    Bo día.

    Iván Antelo Calo

    ResponderEliminar

[Comentario blog]