O vindeiro 2 de abril conmemoraremos o nacemento de Hans Christian Andersen coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil que promove o IBBY (International Board on Books for Young People) tal e como se leva facendo dende 1967.
A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día coa entrega do Premio Lazarillo en Pontevedra
Paises Baixos é, no 2025, a sección sobre a que recae a responsabilidade de elaborar a mensaxe e a imaxe que representa este evento a nivel mundial. Rian Visser e a ilustradora Janneke Ipenburg foron as persoas encargadas nesta ocasión do cartel e a mensaxe, que, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundiremos a nivel internacional.
Linguaxe visual
Podes debuxar algo
para as palabras,
para as cousas que digo?
Daquela, debuxa
un buraco no día
o frío,
o vento,
un nó na gorxa
ou a mala sorte,
debuxa unha tose,
un suspiro,
o aroma a pan fresco,
o tempo,
o instante,
o principio ou a fin
dun plan,
debuxa ese lugar onde algún día,
ese lugar onde nunca,
ese lugar onde despois
ocorrerá algo,
debuxa a dor dun empurrón,
o sabor do mar.
Gustaríame ver tantas
cousas,
o amor, por exemplo,
máis tarde,
algún día e quizais.
Fai debuxos
para o meu poema,
pero con liberdade:
estas palabras que saíron da miña boca
son para ti.
Rian Visser
Tradución: Mercedes Pacheco
Bibliotecas
escolares e públicas, librarías e outras entidades adoitan celebrar
esta data organizando exposicións, encontros con autores/as e
ilustradores/as, presentacións de libros e actividades diversas de
lectura.
Acceso aos materiais para que poidades descargalos e usalos.
0 comentarios:
[Comentario blog]