Celebramos xornadas Desfacendo a Raia dedicadas a Lectura inclusiva organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes e , e a Facultadede Cencias de Educación da USC.
A lectura é unha necesidade e unha fonte de pracer, pero máis do que todo, é un dereito, coincidiron en reivindicar varias das relatoras; un dereito ao que non ten acceso unha porcentaxe moi significativa da poboación.
Detectamos un déficit de textos inclusivos en galego, unha circunstancia que supón, en moitas ocasións, unha dobre discriminación.
Nestas xornadas quixemos coñecer as carencias, as posibilidades e os formatos de lectura inclusiva e informármonos do que é Lectura Fácil e como usala
Na primeira sesión procuramos un achegamento á situación en Galicia da man de Ivana Gómez Abuín e unha mesa que presentou as perspectivas da edición, a creación e o lectorado. Na segunda sesión interesámonos pola situación dos centros educativos a través das bibliotecas escolares para coñecer as necesidades e recursos para a inclusión.
Na terceira sesión tivemos un relatorio de revisión do material existente e a necesidade de traballar o tema na formación inicial de docentes. E outro sobre Lectura Fácil: a asociación, a súa utilidade, as súas funcións, as condicións de adaptación dos textos, a formación, o lectorado.
0 comentarios:
[Comentario blog]