Os Premios Lazarillo 2024 entregaranse en Pontevedra

Publicado por GÁLIX | 25.2.25 Deixa un comentario

 


Respondendo a unha proposta de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), o acto de entrega do Premio Lazarillo celebrarase este ano no marco da Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, sendo esta a primeira vez que se realiza nunha cidade que non sexa Madrid e Barcelona.


Este
certame, que ven celebrándose desde o 1958, é o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo. Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 encárganse da convocatoria do premio a OEPLI e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo General del Libro.

Na comunicación deste evento por parte do presidente de GÁLIX, David Cortizo, e o concelleiro de cultura, Demetrio Gómez, o presidente de GÁLIX lembrou o relevante número de autoras e autores galegos que recibiron este galardón ao longo da súa historia.

O galardón ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado e conta co patrocinio do Ministerio de Cultura e a Fundación McDonald´s.

O acto, na presente edición, faise coincidir co Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en todo o mundo o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen.



 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]