Celebraremos este venres 17 de maio a 61 edición do Día das Letras Galegas.
Este ano a Real Academia Galega dedica esta efeméride a Luisa Villalta, escritora e música.
Primavera das Letras, un Portal web da Real Academia Galega ofrece desde 2016, co apoio da Deputación da Coruña, "unha xanela dixital desde a que o profesorado e as familias poden acceder a recursos lúdicos e didácticos para achegar aos mozos á figura que cada ano protagoniza o Día dás Letras Galegas".
Neste espazo web atoparedes materiais educativos e fichas didácticas e sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Publicáronse este ano varias aproximacións á persoa e a obra da autora homenaxeada para o lectorado máis novo:
Luísa Villalta. Melodía de palabras de María Canosa, en Xerais.
Luísa Villalta. Alma de violino de Beatriz Maceda e Eli Ríos. Álbum ilustrado en Xerais.
Abonda con vivir: Luísa Villalta de Montse Dopico en Xerais.
Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta de Mauricio Iglesias en Lela Edicións.
Luisa Villalta: Sempre infinita de Eva Mejuto en Cumio, Miudiñas.
O violino de Luisa de Verónica Santalices en Galaxia.
Referencias na rede:
Deputación da Coruña: https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36305 galegas-no-gaias-2023-francisco-fernandez-del-riego
Consello da Cultura Galega: https://consellodacultura.gal/evento.php?id=201883
Biblioteca de Galicia: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X001759/biblioteca-galicia-celebra-letras-galegas-cunha-mostra-bibliografica-que-repasa
Portal da Lingua Galega: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/iniciativa/letras-galegas/contido_0062.html
Cultura Galega: https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36300
0 comentarios:
[Comentario blog]