O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia convocan o VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.
Para obras inéditas.
Escritas en lingua galega.
Temática relacionada coa igualdade.
Dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil.
Extensión libre.
O premio ten unha dotación de 3000€
O prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xullo de 2024.
0 comentarios:
[Comentario blog]