A obra Aurora austral de Héctor Cajaraville gaña o XI premio Meiga Moira de literatura xuvenil, certame literario creado por Baía Edicións no 2004.
Nesta historia de aventuras, o xurado, integrado por Tensi Gesteira, Enma Pedreira, Conchi Regueiro, Ánxela Gracián e Belén López, valorou o estilo dinámico e fluído da obra e "a gran dose de crítica sociopolítica e que busca poñer o foco sobre o modelo de mundo ao que nos diriximos".
O autor, licenciado en xornalismo e profesor de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega, recibiu, entre outros, o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola obra A caixiña dos rancores; o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 por Denébola a Roxa; Premio Merlín de Literatura Infantil 2018, por Kusuma.
0 comentarios:
[Comentario blog]