Catálogo da OEPLI e seccións de ámbito lingüístico 2023

Publicado por GÁLIX | 24.5.24 Deixa un comentario

 

A OEPLI e as súas seccións Gálix, ClijCat, Galtzagorri e Consejo, que corresponden aos ámbitos lingüísticos dos idiomas oficiais do estado, en colaboración co Ministerio de Cultura, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2023, un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís publicados ao longo do ano pasado. 


A selección foi realizada por persoas representativas das diferentes seccións que conforman a OEPLI. Os 201 títulos, que compoñen o catálogo, forman parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente, obedecendo a criterios obxectivos de calidade e idoneidade, .

Dada a calidade acadada pola literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado, este catálogo, que ten como finalidade estimular a difusión en ámbitos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución, publícase tamén en inglés.

Todas as `persoas interesadas poden acceder e descargar o documento nesta ligazón:

DESCARGA






Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]