Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024.

Publicado por GÁLIX | 21.5.24 Deixa un comentario

 

O dedo e os monstros, de Francisco Antonio Vidal Blanco, é o a obra gañadora do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, un galardón que ten o obxectivo de dar cobertura a unha carencia de certames de textos dramáticos para os nenos e nenas.

 

O autor, comprometido coa lingua e a cultura desde asociacións tales como a Agrupación Cultural O Facho, a Asociación Manuel Murguía e a asociación Polos Camiños, colabora habitualmente na prensa, como etnógrafo e escritor, e ten publicada unha importante obra narrativa.

O vindeiro 25 de marzo farase entrega do galardón nun acto que se celebrará na Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), ás 19.00 horas.

O xurado destacou a mestría da construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]