A Xanela de GÁLIX. Manuel Bragado

Publicado por GÁLIX | 15.4.23 Deixa un comentario


 

 Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor,  activista cultural e socio número 162 de GÁLIX

 

 

 

Na actualidade é orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990. Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago (1976-1981), foi profesor da materia «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

É presidente da Fundación Luzes e membro do consello editorial da revista Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro de Galix, do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo, de ProLingua, de Nova Escola Galega, do STEG e de Amnistía Internacional.

Imaxe de Manuel Álvarez
Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017), da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88) e director da Revista Galega de Educación (1986-2000).

Publicou e coordinou textos de carácter pedagóxico; os libros: Vigo, puro milagre (2019) e Vigo, abella da ribeira (2023), os dous en Xerais; e Dona Carme (1989), un conto para primeiras lecturas en colaboración con Pepe Carreiro, en Ir Indo.

Colabora habitualmente en diferentes medios de comunicación.

 

  • Manuel Bragado responde ao Cuestionario Lamote

Por ventura a LIX galega faise respectar cada vez máis e de forma máis visible.

Nesta altura a maior fortaleza é a excelencia do catálogo conformado, un éxito colectivo das autorías de textos e ilustracións, das editoras como dun sistema de mediación, especialmente nas bibliotecas escolares.


 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]