Como
cada ano nesta data, o IBBY, e a
súa sección no ámbito do galego que é GÁLIX (IBBY
Galicia) celebra o Día Internacional do
Libro Infantil difundindo a nivel mundial a mensaxe que
unha das súas seccións -este ano 2023 Grecia- elaborou para todo o
mundo.
Na mensaxe o ilustrador Photini Stephanidi pon imaxe ao poema de Vagelis Iliopoulos: "Son un libro, leme", que GÁLIX traduciu ao galego.
No taboleiro DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (DILI) do pínterest de GÁLIX están tamén recollidas as mensaxes de anos anteriores:
https://www.pinterest.es/galixbiblioteca/d%C3%ADa-internacional-do-libro-infantil-dili/
0 comentarios:
[Comentario blog]