Este venres, 21 de abril inaugurase a XXIV edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano ten como lema: LIBROS PARA XOGAR!
Como en anteriores edicións, GÁLIX elaborou unha bibliografía específica que recolle os libros de ficción que falan de xogo e xoguete; a literatura de tradición oral con todos os libros de adiviñas, enredos, trabalinguas, mentiras, ditos, cancións, fórmulas para pandar que acompañan o xogo e forman parte do folclore; os xogos lingüísticos e a literatura lúdica; libros informativos sobre o xogo; ensaios e recolleitas sobre o xogo tradicional. Máis alá do documento de bibliografía, achegamos ligazóns a páxinas sobre esta temática e cos xogos que demos atopado en galego.
Na programación recóllense as diversas actividades do Salón: mesas, exposicións, conferencias, obradoiros...
O país convidado este ano será Colombia, un exemplo de transformación social a partir dos libros e da lectura.
Celebrarase o Día do Libro, 23 de abril, cunha programación especial e cunha troca de libros.
Un ano máis, O Salóns renderá homenaxe a dúas persoas con especial significación no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Nesta ocasión, ao escritor Manuel Lourenzo González e a ilustradora María Fe Quesada.
0 comentarios:
[Comentario blog]