Este xoves, 20 de abril, a escritora Fina Casalderrey fará a presentación do seu último libro "A muller xabaril" (2023), unha historia dolorosa que afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares na primeira metade do século XX.
A autora -que opta ao Premio Ándersen de literatura infantil en representación da OEPLI, a proposta de GÁLIX- estará acompañada por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Xavier Senín, tradutor e académico correspondente, e polo director de Xerais, Fran Alonso. e e contará coas actuacións musicais de Xacobe Medina, Iker Faure, Noemi Fernández, Lorena Varela Guzmán e Judith Rey Iglesias.
A presentación celebrarase no salón de actos da biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela ás sete da tarde.
0 comentarios:
[Comentario blog]