Este vindeiro xoves, 16 de outubro de 2025, celebraremos a Xornada GÁLIX. Desfacendo a Raia XVI: Historia e Literatura na LIX galega no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela O proxecto recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura e Deporte, e celébrase co apoio da OEPLI.
A actividade ten como obxectivo a reflexión sobre tratamento da historia na literatura infantil e xuvenil galega, sempre tan necesaria, pero aínda máis na actualidade.
Inaugura o acto Miguel García Fernández, historiador e investigador falando de "Historia e LIX, un diálogo posible".
Pilar Sampedro moderará a mesa "O pasado no libro infantil e xuvenil galego" que contará coa participación de Alexandra Cabana Outeiro, Jorge Campos, Eva Mejuto e Pere Tobaruela.
A xornada está aberta á participación de todas as persoas interesadas no libro infantil e xuvenil galego.
Coa organización deste evento, GÁLIX pretende achegar este interesante debate ao profesorado en formación e abrir espazos de diálogo entre expertos da creación, da mediación literaria e cultural e tamén cos participantes e socias e socios.
0 comentarios:
[Comentario blog]