A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia celebrarán este sábado 7 de maio de 2022 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, ás sete da tarde, á Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022.
Na Gala, presentada por AldaoLado, daranse a coñecer as gañadoras dos premios Follas Novas 2022.
No ámbito da Literatura infantil e xuvenil son finalistas:
Infantil
- A mestra corremundos,
de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de
inverno)
- Douche a miña palabra,
de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de
Galicia)
- Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
Xuvenil
- A nena lectora,
de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de
Galicia)
- Contos de obxectos,
de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de
Galicia)
- santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
- A Coruña,
por David Pintor (Kalandraka Editora)
- Guía
definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza,
por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Sorianourensana de
Libros)
- Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)
Entre as finalistas do apartado de Divulgación está:
- H2... Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa(Editorial Galaxia)
O desenvolvemento da Gala será videogravado e difundido nas redes sociais
0 comentarios:
[Comentario blog]