Este venres, 20 de maio, fíxose entrega dos Premios Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil, convocado anualmente a Deputación de Ourense en homenaxe a estas dúas irmás, mestras e escritoras que foron precursoras na literatura infantil en galego.
Publicaron tamén textos escritos a catro mans para adultos e infantís.
Nesta XVIII edición resultaron premiados os autores da obra O clube de coleccionistas de selos.
- Pablo Nogueira autor do texto no que o xurado destaca o valor das relacións familiares interxeneracionais, o respecto polo medio e a visibilización da diversidade funcional.
- Eva Piay é a autora das ilustracións das que o xurado valora a correspondencia co texto e como representa a idea de diversidade que presenta o texto.
0 comentarios:
[Comentario blog]