O pasado 3 de xuño celebramos, telemáticamente, as Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI que, nesta edición, versaron sobre o LIBRO INFANTIL E XUVENIL TRADUCIDO e contaron coa participación de profesionais da tradución, a edición, a escrita e a crítica. A actividade ten continuación na nosa canle de YouTube coa colaboración de diferentes especialistas que comparten a súa contribución en vídeo.
Estas xornadas formativas están patrocinadas pola OEPLI e a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, e puidemos celebralas grazas ao apoio da Universidade de Vigo.
Moisés Barcia é o tradutor ao galego de Italo Calvino, J. R. R. Tolkien, Roald Dahl, Herbie Brennan ou Charles Dickens para Kalandraka, Xerais e Galaxia.
En 2005 naceu, da súa man, Rinoceronte Editora coa intención de abrir Galicia ao mundo publicando en galego obras de referencia da literatura universal traducidas da súa lingua orixinal: xaponés, húngaro, finés, islandés, italiano ou francés.
En 2013 aparece Sushi Books, o selo infantil e xuvenil de Rinoceronte que publica nas linguas oficiais do estado: galego, castelán, catalán e éuscaro.
0 comentarios:
[Comentario blog]